Recollen 6.000 ovos para o tradicional bolo de San Gregorio en Paradela, Meis
Publicado o 25/04/2019 13:40
En Paradela non descansan desde antes da Semana Santa, tras as representacións as mulleres afánanse por ir recollendo os 6.000 ovos doados en toda a redonda para o bolo de San Gregorio, unha romaría que se celebra o domingo despois de Pascua.
Recuperaron a tradición hai 26 anos cun pequeno bolo e agora xa están no Libro Guinness dos Récords. 60 quilos de fariña, 5 de manteiga e preto de catro quilos de azucre. Uns ovos van na masa do pan e outros colócanse con xeito dentro do bolo antes de cocer.
O bolo terá unha dimensión de máis de cinco metros de longo por dous de ancho, cócese en dúas quendas, traballan desde as catro da tarde ata as dúas da mañá. Esta sobremesa especial poderase degustar por seis euros con churrasco e albariño.