CRTVG

Buscar

Reclaman unha mellor conexión a Internet nunha parroquia de Poio

Publicado o 16/07/2020 13:39

Son negocios e particulares os que reclaman unha mellor conexión a Internet en Samieira, no concello de Poio. Din que hai 15 meses se instalou a fibra óptica en parte da parroquia, pero outros veciños quedaron sen ela.

Negocios de hostalería din que mesmo lles causa problemas cos clientes. Non entenden cal é o criterio para permitir a conexión á fibra e din que moitos negocios se resenten por unha conexión que non sempre funciona correctamente.

Dende a empresa encargada de instalar a rede de fibra óptica explican que o trazado que realizaron en 2019 ven marcado dende por un plan do ministerio e que nada ten que ver con permisos de postes ou coas administracións local ou autonómica. Apuntan que non teñen constancia de máis de dúas reclamacións na zona.

Noticias web

16/07/2020