CRTVG

Buscar

Reclaman un centro de fabricación de vacinas en España

Publicado o 14/06/2020 13:37

"Creo que é moi importante que atopemos solucións o máis rápido posible para esta pandemia e, polo tanto, a investigación aplicada fundamentalmente a vacinas e novos tratamentos para o coronavirus paréceme fundamental", explica María Luisa Pérez del Molino.

 A responsable de Microbioloxía da área sanitaria de Santiago confesa que no seu departamento pasárono mal, que empezaron a diagnosticar case sen reactivos, pero que o factor humano foi determinante.

 "Foi unha aprendizaxe de todo o que somos capaces de facer os seres humanos cando nos forzan moito as situacións", relata a xefa do servizo de Microbioloxía.


Sobre o que podería pasar nunha hipotética segunda vaga, María Luisa Pérez del Molino explicou que saben que o virus está mutando pero que non teñen constancia de se perdeu virulencia.

"Non sabemos o que vai pasar. Creo que é a mensaxe que temos que ter na cabeza, pero estamos en moito mellores condicións que hai catro meses", puntualiza María Luisa Pérez del Molino.

A especialista di que dispoñemos de métodos analíticos para unha alerta temperá e que ademais xa se sabe moito do virus e aínda se vai saber máis porque continúa estudándose en todo o mundo.

Noticias web

14/06/2020