CRTVG

Buscar

Reclaman melloras nos servizos ferroviarios de Lugo

Publicado o 07/03/2019 14:35

Lugo precisa cambios nos seus servizos ferroviarios. Así se puxo de manifesto nun foro organizado pola plataforma Lugo non Perdas o Tren, que continúa a súa loita demandado melloras. A alcaldesa, Lara Méndez, recoñece que a chegada da alta velocidade é imprescindible dende o punto de vista social e económico.

Dende o PP din que o AVE é fundamental e piden que se cumpran os plazos que si explicitou o anterior goberno central.

O AVE non é o único reto, resaltan ademais a importancia de mellorar as conexións con outras cidades e lembran que Lugo é a única cidade sen conexión directa con Santiago.

Noticias web

07/03/2019