Reclamacións durante as vacacións: como actuar ante un atraso ou cancelación?
Moitos xa organizarían as súas vacacións, pero un imprevisto de última hora pode estragalas. Para afrontar estes casos, é importante coñecermos os nosos dereitos como consumidores e revisarmos sempre os contratos que asinemos coas axencias. Sobre todo, se logo temos que reclamar. Jacobo Pérez.
Comezamos polo principio, que é o primeiro que debemos facer se temos algún problema co noso voo?
Ana Camiño, avogada: "O primeiro que teñen que facer é ir aos servizos de atención ao cliente da empresa, ao mostrador da liña aerea".
Cada ano prodúcense en España 10.000 longos atrasos coas súas longas esperas, que acaban moitas veces coa paciencia de algúns, pero a que temos dereito?
Ana Camiño, avogada: "A partir de 2 horas de atraso temos dereito a que a compañía nos proporcione unha indemnización, e a partir das 3 horas xa empezamos a ter dereito a pernoita, comunicacións gratuítas".
O descoñecemento e as présas son nestes casos malas compañeiras de viaxe, porque se perden a nosa equipaxe ou os contratempos nos xeran un prexuízo maior, teremos dereito a reclamalo.
Ana Camiño: "Se a perden ou se non a entregan a tempo tamén poderemos reclamar. Se, a maiores, temos outros prexuízos económicos, perdemos unha oferta de traballo, unha escala á nosa voda, hai consecuencias que teñen un determinado valor económico que tamén poderemos reclamar".
Para exercer os nosos dereitos como consumidores, deberemos ter con nós toda a documentación, non vaia ser que, ademais das vacacións, nos amarguen tamén a reclamación.