CRTVG

Buscar

Recital ofensivo dun Liceo que gaña en Calafell cun espectacular 6-8

Publicado o 03/10/2021 11:45

E na OK Liga, o Deportivo Liceo logrou un traballado triunfo na pista do Calafell. Seis a oito foi o resultado final dun partido no que Jordi Adroher seguíu mostrando un nivel espectacular de acerto a bola parada. Marcou catro goles, tres deles de penalti, ante un Calafell que presentou resistencia no primeiro tempo. Ao tempo de lecer chegouse con mínima vantaxe a prol dos coruñeses, tres a catro. Pero na recomezo o Liceo foi aumentando a súa vantaxe ata poñerse cun tres a oito que sentenciaba o choque. A reacción final dos locais maquillou o resultado.

Noticias web

03/10/2021