Recital de Rodrigo Corrales, decisivo na vitoria da selección española de balonmán contra Noruega (28-27)
Publicado o 26/07/2021 11:57

A selección española de balonmán venceu por 28-27 a unha das seleccións a priori candidata aos metais, Noruega. Acadou deste xeito a súa segunda vitoria consecutiva en Tokyo, que a deixa practicamente clasificada para a seguinte rolda.
O partido estivo moi igualado, ningunha das dúas seleccións conseguiu afastarse no marcador. Tanto foi así que España tivo que resolver o encontro sobre a bucina, cun tanto dende os setes metros de Aleix Gómez.
Pero a figura estelar do partido, que incluso chegou a ser tendencia en Twitter no ámbito estatal, foi o gardameta cangués Rodrigo Corrales. Ata cinco ou seis intervencións de moito mérito que mantiveron España no partido nos tramos en que peor o pasou.
O seguinte enfrontamento será contra Brasil.