CRTVG

Buscar

Recitais e ofrendas florais para conmemorar o Día de Rosalía

Publicado o 24/02/2021 11:32

Se houbo unha muller que defendeu a lingua, esa foi Rosalía de Castro. Hai organizados diferentes actos, marcados como non polas restricións. Un dos máis entrañables vai comezar dentro duns minutos na praza de Vigo de Santiago. 

Galicia celebra o Día de Rosalía con ofrendas florais e diversos actos para rememorar o legado da autora de Follas Novas.

No Parlamento de Galicia plantouse unha filla da figueira de Rosalía e logo houbo un acto institucional.

Dende a Fundación Rosalía coordinan todos os actos, que este ano están marcados pola pandemia e as medidas de seguridade.

Noticias web

24/02/2021