Recibe a alta a paciente máis vella do hospital de Lugo , con 101 anos
Publicado o 22/04/2020 14:11
En Lugo recibía a alta o paciente de maior idade con coronavirus diagnosticado ata o momento na provincia. Trátase dunha muller de 101 anos que foi despedida polo persoal que a atendeu entre aplausos e ao son da canción que se converteu no himno desta crise sanitaria, Resistiré. Historias que emocionan e enchen de luz estes días.