Recepción oficial ao Río Breogán polo seu ascenso á ACB
Publicado o 13/09/2021 20:11
A poucos días da súa reestrea na ACB, a familia do Río Breogán foi recibida pola Xunta de Galicia. No acto participaron o presidente Núñez Feijóo e o secretario xeral para o deporte Xosé Ramón Lete Lasa. Por parte do Rio Breogán, o presidente José Antonio Caneda, o director xeral Tito Díaz, o patrocinador principal e varios xogadores. Os lugueses comezan a temporada na casa o sábado coa visita do Tenerife.