CRTVG

Buscar

Recendos inspirados nas experiencias vitais dos seus creadores

Publicado o 07/05/2021 20:37

Adentrámonos con David na experiencia da perfumería de autor. No seu establecemento do centro da cidade da Coruña convídanos a realizar unha cata olfativa da chamada coméstica nicho.

Aquí podemos descubrir a que ole, por exemplo, a lúa grazas a un fragancia que naceu na propia NASA e que recrea aromas metálicos. Unha foto da cidade brasileira de Rio é a fonte de inspiración doutro dos perfumes. Son recendos que agochan tras de si as experiencias vividas polos seus creadores.

A cosmética nicho móvese fóra dos circuitos da coméstica de masas. Elabórase con principios activos naturais e promove o consumo responsable.