Recala en Vigo o trimarán ruso da volta ao mundo en dous anos
Nos próximos días Evgeny e Stalislav sairán do porto vigués cara a Lisboa tras unha pequena reforma do barco en Cardama. Van percorrer o mundo ata 2023 neste trimarán hinchable e plegable. Un reto único que os levará ata Cabo Verde, Brasil, o Pacífico ou Indonesia para culminar en San Petersburgo en xullo de 2023.Son campións rusos de vela, pero o reto é complexo.
Van percorrer corenta países para rememorar as vellas xestas dos navegantes rusos transmitindo a amizade entre países, recalarán en preto de cento vinte peiraos e farán navegacións de tres días agás cando crucen o Atlántico. O seu periplo vai ser seguido con detemento desde Vigo tanto polo responsable do porto como polo cónsul honorario da Federación Rusa
Os dous tripulantes comparten proxecto co aventureiro español Álvaro de Marichalar que tamén está a dar a volta ao mundo na súa moto acuática
A embarcación estará aberta ao público no peirao de remolcadores mañá domingo pola mañá