CRTVG

Buscar

Reaparece o Papa desde o hospital, para pedir acceso á sanidade para todos

Publicado o 11/07/2021 12:46

O papa Francisco reapareceu este domingo desde o balcón do hospital en que está ingresado desde hai sete días tras someterse a unha intervención de colon. Saudou ducias de fieis ante os que dixo "estar alegre de poder manter a cita dominical co Angelus e agradeceulles a súa proximidade e o seu apoio coas súas oracións. Grazas de corazón", dixo o pontífice desde o balcón da décima planta da clínica en que apareceu canda varios nenos enfermos.

Recibido entre aplausos pediu acceso á sanidade para todos co mantemento dun sistema sanitario de calidade, accesible e "gratuíto" para todos.

A Francisco, de 84 anos, realizáronlle unha operación o domingo pasado do colon por "unha estenose diverticular grave con signos de diverticulite esclerosante" na que lle extraeron unha parte do colon e que requiriu anestesia xeral. Evoluciona de xeito favorable.

Antes de rezar o Angelus repasou unha pasaxe do Evanxeo sobre os enfermos e aproveitou para falar da súa propia experiencia estes días de convalecencia. Así, ademais de expresar o seu agradecemento a médicos e sanitarios polo seu traballo diario, avogou por manter e reforzar un sistema sanitario que garanta un bo servizo accesible para todos. Exclamou: "Non debemos de perder este ben tan precioso. Temos que mantelo! Supón un esforzo pero serve a todos e require da contribución de todos.

Noticias web

11/07/2021