CRTVG

Buscar

Reaniman con éxito unha cría de elefante atropelada en Tailandia

Publicado o 22/12/2020 16:49

Imaxes que chegan de Tailandia: unha cría de elefante acaba de ser atropelada e un dos membros dos servizos de emerxencias faille a reanimación RCP.

Nunca fixera tal cun animal. Di que pensou na anatomía humana e consultou alí mesmo tamén un vídeo de móbil para localizar o corazón e facerlle as compresións.

Aos dez minutos o elefante revive nun momento único que emocionou a todos os presentes. Pouco despois, a nai aparecía no lugar e todo remata da maneira máis feliz, de conto de Nadal. 



 

Noticias web

22/12/2020