Realízanse probas aos contactos dos positivos na Mariña e mantense a vixilancia sobre a evolución de Viveiro
Na provincia de Lugo estanse a realizar probas aos contactos dos positivos rexistrados nos últimos días na Mariña. As autoridades sanitarias mateñen unha vixilancia especial sobre a evolución de Viveiro.
Un gromo de coronavirus que afecta dúas familias fai que Viveiro suba no nivel de restricións. Desde hoxe está no nivel medio, que afecta sobre todo á ocupación nos establecementos de hostalería. Sanidade xa fixo varios cribados, mesmo en centros escolares e á espera de coñecer todos os resultados, hai polo menos unha trintena de positivos.
Derivado deste gromo tamén hai un foco de coronavirus no concello veciño de Cervo, onde aumentaron os positivos. Parece que está controlado porque os casos, que non son máis ca unha decena, pertencen todos ao mesmo núcleo familiar, e xa está illado.