CRTVG

Buscar

Realizan un cribado masivo en Quiroga tras dispararse a incidencia no concello

Publicado o 01/02/2021 19:59

121 casos positivos nun concello de 3.200 habitantes. Esa elevada cifra levou a facer un cribado masivo mediante tests de antíxenos os veciños de Quiroga de entre 30 e 70 anos de idade. Serán 500 probas ao longo da semana que apenas levan un par de minutos e que ofrecen os resultados de xeito case inmediato. Ata hai dúas semanas, o de Quiroga era un dos concellos menos afectados pola pandemia na provincia de Lugo pero agora eso cambiou. Usuarios e persoal sanitario ven necesarias unhas probas que, na xornada de hoxe, deron moitos máis negativos ca positivos.

"A xente estaba desexando que se fixeran estas probas. Están respondendo ben e esperemos que sexan útiles".

"Hai un mes estabamos perfectamente e con poucos casos. E agora estas cifras fan que haxa medo e preocupación".

Ademais, xa se realizaron 400 probas PCR a veciños de Quiroga no Hospital Comarcal de Monforte. Os casos positivos xa recibiron orde de pecharse nos seus domicilios á espera de ver como evolucionan da doenza. Dado que o aumento diario ven sen de de dez casos, é clave identificar os asintomáticos para deter o espallamento do coronavirus.

Noticias web

01/02/2021