CRTVG

Buscar

Realizan un cribado en Outes onde empezan a diminuír os contaxios

Publicado o 21/01/2021 14:43

"Xa estou a piques de entrar, pero levo hora e media de atraso", quéixase unha veciña.

"É que somos moitos", apunta outro. Longas colas de coches, pero tamén a pé, o que motivou o enfado dalgún veciño.

"Temos unha organización moi bonita, tiña para as 11: 48, pasei por aquí ás 10:00 no coche e vin o que había, veño a andar e o mesmo, e mandar vir puntuais", laméntase un home.

"Temos moitísima xente, bastante cola, pero o sistema de carpas cambiou, co cal é un pouco máis lento, pero a xente está asistindo bastante ben", comenta Rocío Pouso, médica responsable do cribado.

Outes sobe un positivo con respecto a onte, pero aínda así é todo está empezando a mellorar. Hai unha semana tiña 42.

"Dende a semana pasada por sorte foi mellorando paulatinamente. Actualmente estamos cunha incidencia de 33 persoas contaxiadas, que en termos relativos sería algo máis de 500 por 100.000 habitantes",  informa  Manuel González, alcalde de Serra de Outes.

O chamamento está sendo todo un éxito. Os veciños queren colaborar para frear a cadea de contaxios, algún que xa o pasou permítese incluso bromear.

"-Hai que asesorarse para non facerlle dano a ninguén. -E deulle moi forte a outra vez? -Non, porque eu metinlle un torpedo de caña de vez en cando e salvoume", chancea un veciño.

A entrega dos frascos para tomar a mostra de saliva vaise facer hoxe ata ás sete e media da tarde. Mañá será de recollida.

"Sempre hai algún que lle cae o tubo, poden ir a recoller a mostra para que lle fagamos outra. Que pasa? Que aquí, ao ser un día, téñena que facer ben á primeira", advirte Rocío Pouso, médica responsable do cribado.

Os resultados tardarán entre dous, tres días. Se son negativos, recibirán unha mensaxe. Os positivos notifícaos un facultativo.

 

Noticias web

21/01/2021