CRTVG

Buscar

Realizan un cribado a 4.400 veciños de Betanzos de entre 20 e 48 anos

Publicado o 11/05/2021 15:30
Realizan un cribado a 4.400 veciños de Betanzos de entre 20 e 48 anos

Con 20 casos activos e 17 deles detectados na última semana, a busca de asintomáticos non cesa en Betanzos.

En apenas 7 días a Cidade dos Cabaleiros chegou case a duplicar a súa taxa de incidencia.

Betanzos leva 12 días no nivel medio de restricións, pero din os veciños que sendo como é lugar de paso habitual para moitos concellos limítrofes hai que evitar calquera probabilidade de esparexer o virus de novo.

Grazas aos cribados descóbrense os asintomáticos. 4.400 veciños de entre 20 e 48 anos foron citados para achegarse a este pavillón do Carregal para realizar unha proba PCR e detectar eses casos asintomáticos que se agochan no estacamento epidemioloxico da Cidade dos Cabaleiros.

Noticias web

11/05/2021