CRTVG

Buscar

Reaccións dos partidos políticos tras o anuncio do rei emérito

Publicado o 04/08/2020 09:06

Moncloa expresa o seu respecto pola decisión do rei Xoán Carlos, ao tempo que loan a exemplaridade e transparencia que sempre guiou a Filipe VI, din, dende que chegou ao trono.

En cambio, o vicepresidente segundo Pablo Iglesias cualificou de indigna a actuación do ex-xefe do Estado e di que deixa a monarquía nunha posición moi comprometida.

Na mesma liña, Unidas Podemos, nun comunicado, reclamou abrir un debate sobre o modelo de Estado cunha república solidaria e plurinacional.

Esquerra, Bildu e o BNG coinciden en que a marcha é unha manobra para eludir a xustiza. O Bloque pide que se investigue a fondo a corrupción e xulgar os Borbóns.

O PSOE aínda non se pronunciou. O Partido Popular destaca que o papel decisivo que tivo o rei emérito e chama á unidade arredor de Filipe VI e a monarquía. Din que segue sendo un piar imprescindible na vertebración territorial e progreso de España.

En Ciudadanos criticaron os populistas, moitos deles no Goberno, din, que tratan de confundir os feitos individuais coa institución.

E Vox acusa directamente o executivo de usar a marcha do rei para evadir as súas responsabilidades.

Noticias web

04/08/2020