CRTVG

Buscar

Reabren os areais da Coruña ao desaparecer as carabelas portuguesas

Publicado o 08/01/2021 11:26

Pouco a pouco os areais da cidade, Riazor, Orzán e As Lapas volven estar abertos. O Concello tomou esta decisión despois de revisalos e non atopar máis exemplares da coñecida tamén como falsa medusa, que resulta tóxica ao entrar en contacto con ela.

Malia que adoita permanecer en mar aberto e en zonas de augas cálidas, todo apunta a que os refachos de vento e correntes dos últimos temporais foron os que as arrastraron cara á costa da Coruña. Por iso as praias estiveron pechadas dende a pasada fin de semana, por razóns de seguridade.

Iso si, os responsables municipais insisten en que aínda que a situación estea aparentemente controlada hai que extremar as precaucións e en caso de atopar algún destes exemplares, non se deben tocar nin achegarse a eles. O que hai que facer é poñerse en contacto co 010, que é o teléfono de información local, para que a área de Medio Ambiente se encargue de retiralas.

 

 

 

Noticias web

08/01/2021