CRTVG

Buscar

Reabren con limitacións os pasos fronteirizos de Lobios e A Mezquita

Publicado o 02/03/2021 21:09

Hoxe reabriron durante seis horas ao día dous novos pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal: os de Lobios e A Mezquita. Súmanse a outros pasos nos que xa está permitida a circulación, sempre por causa xustificada, como motivos laborais ou sanitarios.

A circulación restableceuse nos pasos situados nos municipios ourensáns de Lobios e A Mezquita. A circulación estará permitida de luns a venres de 7:00 a 10:00 e de 18:00 a 21:00, seis horas en total.

Súmanse así ao resto de pasos abertos con horarios restrinxidos e aos de Tui e Verín, que permanecen abertos durante as 24 horas. Estas medidas van aliviando pouco a pouco as incomodidades que sofren cada día traballadores e cidadáns que viven nesta zona fronteiriza.

 

Noticias web

02/03/2021