CRTVG

Buscar

Reabren a investigación polos presuntos sobresoldos en Podemos

Publicado o 20/04/2021 20:11
Reabren a investigación polos presuntos sobresoldos en Podemos

O xuíz do caso Neurona, que investiga o presunto financiamento ilegal de Podemos, reabre a investigación polos presuntos sobresoldos cobrados pola xerente e o tesoureiro do partido. O xuíz estimou o recurso presentado por Vox contra o arquivo da causa. Ordena novas declaracións para determinar se a xerente, Rocío Esther Val, tiña poderes para aprobar complementos salariais ou se incorreu nun delito de administración desleal.

Noticias web

20/04/2021