CRTVG

Buscar

Reabre o Museo do Ferrocarril de Monforte, tras máis dun ano pechado pola pandemia

Publicado o 03/07/2021 19:53

Día memorable no museo do ferrocarril de Monforte, que volta abrir as súas portas logo de máis dun ano pechado por mor da pandemia.
Como principal reclamo, a locomotora Mikado que amosa todo o seu potencial na explanada dianteira do museo.

É a peza máis valorada da fundación que vela polo material histórico ligado ao tren.

Poñela en marcha é un pracer para o persoal deste museo, xa que significa que retoma a actividade.

A conselleira de Infraestruturas foi a encargada de abrir esta nova etapa.

Ademais, a entidade museística vai asinar un convenio coa Fundación do Patrimonio Ferroviario, que potenciará a súa importancia na xestión do material histórico.

 

Noticias web

03/07/2021