Reabre o mosteiro de Xunqueira de Espadanedo e recibe as primerias visitas na Ribeira Sacra
Publicado o 05/06/2020 14:14
Así comezan as primeiras visitas que recibe o mosteiro medieval de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, que acaba de reabrir ao público.
Grupos reducidos para visitar un dos claustros máis curiosas da Ribeira Sacra. E medidas de seguridade tamén para entrar na súa igrexa, de transición entre o románico e o gótico. Unha xoia pouco coñecida que comeza a atraer visitantes.
Este é un dos moitos monumentos que agocha A Ribeira Sacra, un dos lugares de Europa con maior concentración de igrexas románicas e que aspira a converterse en Patrimonio da Humanidade.