Reabre o Auto-covid do Meixoeiro polo incremento dos contaxios
A melloría da situación epidemiolóxica permitira o peche do auto covid do hospital Meixoeiro que logo dun mes volve a retomar a actividade nunha semana na que se reactivan os cribados na área sanitaria de Vigo con máis de sete mil cincocentas persoas citadas.
Ferramenta indispensable sinalan os expertos por iso o Sergas pon en marcha un programa novidoso que permite inscribirse de forma voluntaria nos cribados. Comezará o sábado en Ourense nun cribado no que están chamadas 3.000 persoas. Os que pidan a cita voluntaria na web do Sergas recibirán a confirmación a través dunha mensaxe ao móbil.
A participación nos cribados segue a ser baixa malia a importancia dos mesmos para frear a transmisión do virus.
O aumento dos contaxios levou ao Sergas a intensificar os cribados nas áreas máis afectadas.