CRTVG

Buscar

Reabren os aeoroportos de Gran Canaria e de Tenerife Sur

Publicado o 24/02/2020 09:15

Reabren os aeroportos de Gran Canaria e Tenerife Sur despois dunha fin de semana en que as illas estiveron máis illadas ca nunca, con portos e aeroportos pechados. Uns 20.000 pasaxeiros víronse afectados pola peor tormenta de area dos últimos 20 anos. A maiores, sumouse vento moi forte, mar malo e incendios pouco propios desta época do ano. Un episodio que non se acorda en 40 anos. Só en Tenerife, un milleiro de persoas tiveron que ser desaloxadas en varios municipios do norte. Suspendéronse as clases e, o peor, tamén o Carnaval.

Noticias web

24/02/2020