CRTVG

Buscar

Reabre en Lugo o museo Domus do Mitreo

Publicado o 09/06/2020 20:37

Que marabilloso legado. Foi estupendo, sorprendeume e impresionoume. Estas son as últimas palabras que quedaron rexistradas no libro de visitas da Domus do Mitreo. Son do pasado 12 de marzo un día antes do peche. Agora, case tres meses despois este museo universitario, donde se exhiben in situ os restos dunha vivenda romana, reabre as súas portas con condicións especiais.

"Ademais das medidas de hixiene e distanciamento social temos a ocupación limitada ao 50%. Retiramos o material impreso que facilitabamos aos visitantes e non pode haber ningún tipo de aparato táctil que os usuarios teñan que tocar", sinala Jesús Varela Zapata, director da Domus do Mitreo.

Cando se apagaron as luces apostaron por reforzar a súa web interactiva, para seguirlle dando proxección a este singular xacemento, que recibiu numerosas visitas, pero agora volve a el a vida da man de visitantes e turistas e da actividade investigadora.

"Este tamén é un espazo de investigación e actividade científica, neste último ano pasaron por aquí destacados especialistas da Universidade da Sorbona, pasou a directora do Museo Romano de Mérida", sinala Jesús Varela Zapata, director da Domus do Mitreo.

Entre os primeiros visitantes mesmo atopamos senadores romanos. Na xornada de reapertura tampouco faltou o equipo de gravación dun anuncio publicitario que escolleron o museo como escenario.

Noticias web

09/06/2020