Reabre ao público a capela ardente, que recibirá xente ata as dúas da tarde
Publicado o 11/05/2019 09:52
A capela ardente abriu ao público en xeral pouco antes da dez da noite polo que houbo que pospoñer o seu peche ata as once e media para que puidesen pasar todos os cidadáns que agardaban ao redor do Congreso. Moitos acudiron con rosas vermellas, símbolo do PSOE, e chamou a atención a cantidade de persoas novas, entre elas alumnos de Química Orgánica de Alfredo Pérez Rubalcaba na Complutense. Como lles diciamos, a capela volve estar aberta desde as nove da mañá e seguirá recibindo xente ata as dúas da tarde.