CRTVG

Buscar

Raúl Velloso presenta 'Galicia no país das marabillas'

Publicado o 30/01/2019 16:21

O pintor pontevedrés Raúl Velloso expón estes días na Casa de Galicia en Madrid a mostra Galicia no país das marabillas.

Amigo e discípulo de Tàpies, o artista presenta nesta mostra 46 obras formadas por imaxes curvilíneas cheas de cor e cun estilo moi persoal e definitorio. A exposición está a ter unha moi boa acollida de público. Velloso defende un proxecto figurativo en que retrata edificios, persoeiros e paisaxes galegas.

Noticias web

30/01/2019