CRTVG

Buscar

Raquel del Rosario salvou a puñazos o seu fillo do ataque dun puma

Publicado o 18/10/2021 10:45
Raquel del Rosario salvou a puñazos o seu fillo do ataque dun puma

Raquel del Rosario converteuse nunha heroína tras afastar un puma cando se abalanzou sobre o seu fillo de cinco anos para atacalo. Segundo relatou nas súas redes sociais, todo aconteceu o 26 de agosto na súa casa de California.

Segundo relatou a cantante, o pequeno díxolle que ía buscar froita a unha árbore e segundos despois escoitou un berro que aínda resoa na súa cabeza. Viu como un puma se abalanzaba sobre o cativo e o fería coas súas gadoupas. Raquel relatou que foi ao xardín e comezou a golpear o animal cos seus puños ata quitarllo de enriba ao cativo.

Segundos despois apareceu a súa parella, e tamén un segundo puma. Entraron na vivenda e foron ata o hospital.

 

 

Noticias web

18/10/2021