CRTVG

Buscar

Ramón Yzquierdo e Manuel Gago explican por qué a catedral e San Martiño Pinario era realidades paralelas

Publicado o 25/07/2019 13:10

No plató, Ana Celia conversa co director do Museo da Catedral, o historiador Ramón Yzquierdo e o xornalista e escritor Manuel Gago. Gago ten un verán ben intenso, non só segue coa exposición 'Alba de Gloria', agora en Pontevedra, senón que xa anunciou un super-evento para despois do verán: a exposición 'Galicia, un relato no mundo'. Grazas por facernos un oco, que andas a mil por hora.

1. San Martiño

Unha das novidades do día é a a Ofrenda en San Martiño, un dos grandes monumentos de Galicia, pero do que Gago destaca algo moito menos solemne como que é o lugar onde está rexistrado o primeiro contrabandista da historia.

Neste ano no que a ofrenda se fai por primeira vez en San Martín Pinario, polas obras na catedral, os concidados falan da importancia dos bieitos, como era a rivalidade desde mosteiro coa Catedral. Do seu poder económico, xa que era o mosteiro máis rico e poderoso de Galicia. Periodos de explendor e decadencia de dúas realidades paralelas.

 

Noticias web

25/07/2019