CRTVG

Buscar

Ramón Núñez Centella gaña o Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias

Publicado o 18/06/2021 16:26
Ramón Núñez Centella gaña o Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia de Ciencias acaba de premiar a Ramón Núñez Centella, o home detrás da creación dos museos científicos da Coruña.

Recibe o Premio de Divulgación Científica da Academia pola súa traxectoria nese eido en Galicia e, máis concretamente, polo seu traballo na creación dos museos científicos coruñeses. Ademais do seu labor nos museos, Ramón Núñez escribiu centos de artigos sobre ciencia en diversas publicacións e colaborou activamente en medios de comunicación.

Noticias web

18/06/2021