CRTVG

Buscar

Víctor Senra, segundo na Mariña, novo campión galego de rallys

Publicado o 12/12/2020 14:35

O dumbriés Víctor Senra acadou o cuarto título consecutivo no galego de rallys logo de acabar na segunda posición no Rally da Mariña por detrás do ruso que compite en WRC2 Nikolay Gryazin. 

Gryazin dominou con moita claridade o Rally da Mariña. No caso de conseguir o triunfo o gañador do galego sería Senra aínda non acabando a proba e o ruso non deixou lugar a dúbidas. Senra, malia ter un incidente cos cronometradores no segundo treito (a súa reclamación foi aceptada) mantivo a súa regularidade por detrás de Gryazin aguantando a presión de Alberto Meira e de Adrián Díaz, a sorpresa durante moitos treitos. 

Senra fixo boas as vitorias nas outras dúas probas da temporada co que o Rally da Mariña non resultou tan determinante como apuntaba e que xerou tanta controversia. 

Noticias web

12/12/2020