Rajoy pide un goberno "o máis moderado e centrado posible"
Publicado o 20/06/2019 19:14
A quen oímos hoxe falar por primeira vez das súas preferencias foi a Mariano Rajoy. O ex-presidente anima a Sánchez a construír un goberno o máis centrado posible, e insinúa que a mellor combinación podería ser o pacto con Ciudadanos.
Mariano Rajoy, ex-presidente do Goberno: "O que necesita España hoxe é o seguinte. Primeiro, un goberno estable, un goberno o máis moderado e centrado posible. Pódese gobernar cun acordo con Ciudadanos, porque iso supón que hai unha maioría, máis de 176 escanos na cámara".