CRTVG

Buscar

Rajoy: "É metafisicamente imposible que eu destruíse unha contabilidade b porque nunca existiu"

Publicado o 24/03/2021 17:35

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy asegurou que "non hai ningunha caixa B do PP", senón que "haberá uns papeis de Bárcenas" que el "terá que explicar", e afirmou: "Empeza a ser unha vergoña todo o que estamos a vivir". "Non houbo unha caixa b e nunca triturei o que nunca tiven nas miñas mans", indicou Rajoy durante a súa comparecencia como testemuña no xuízo polo presunto pago de case un millón de euros da reforma da sede do partido a conta da suposta caixa B.

Desa forma, tachou de "absolutamente falso" que destruíse parte dos famosos "papeis de Bárcenas", como sinalou o extesoureiro do PP Luís Bárcenas. Indicou que coñeceu esas anotacións ao publicarse nos medios en 2013, de modo que é "metafísicamente imposible" que os puidese destruír.

Rajoy declarou por videoconferencia despois do expresidente do Goberno José María Aznar e negou tajantemente recibir ningún tipo de sobresueldo. "Xamais se nos fixo ningunha entrega", asegurou á vez que reprochou a Bárcenas, principal acusado neste xuízo, que diga "un día unha cousa e outro a contraria". 

Noticias web

24/03/2021