Rajoy e Aznar negan a existencia da caixa b no PP e o cobro de sobresoldos
Os dous expresidentes do Goberno co Partido Popular declararon hoxe por videoconferencia no xuízo que investiga a existencia dunha caixa B no partido.
José María Aznar negou a existencia da contabilidade paralela e que autorizase algún dos pagamentos que o tribunal investiga se foron en negro. Aznar desmentiu ademais que cobrara sobresoldos. Tamén Mariano Rajoy negou que os recibise. Da SMS que lle enviou a Bárcenas, dixo que "na vida non sempre acertamos". Rajoy, ademais, negou que destruíra os papeis de Bárcenas e insistiu en que o PP non tiña unha caixa B.
"Insisto, non hai ningunha caixa B do Partido Popular, haberá uns papeis de Bárcenas, que son os papeis de Bárcenas e que el terá que explicar. A min, desde logo, non me entregou, como lle dixo ao Fiscal no escrito ao que vostede fai referencia, ningunha contabilidade B porque eu a primeira vez na miña vida que vin os papeis de Bárcenas foi publicados nun diario nacional. Polo tanto é metafisicamente imposible que eu puidese destruír eses papeis", asegura Mariano Rajoy, expresidente do PP.
"Non coñecín ningunha contabilidade no PP, non coñecin ningunha contabilidade paralela, non coñecín máis contabilidade q ue a contabilidade oficial do Partido Popular. As inicias J M eran de vostede?. Non señor", di José María Aznar, expresidente do PP.