CRTVG

Buscar

Mariano Rajoy defende a Pablo Casado como antídoto da crise

Publicado o 27/09/2021 15:01

O prólogo da convención popular deulle o protagonismo a Mariano Rajoy. Pablo Casado reivindicou o seu legado e as reformas que fixo dende o executivo.

Pablo Casado, presidente do Partido Popular aseguraba que "o legado que vai recibir o PP cando cheguemos ao Goberno é moi distinto: España é o país máis afectado pola covid".

Rajoy coincidiu no diagnóstico e sinalou como solución o seu sucesor á fronte do partido. "Estou seguro de que imos chegar ao Goberno da nación e volver arreglar o que outros desarreglaron, pero ese é o noso sino", asegurou o expresidente do Goberno, quen pediu non minimizar as consecuencias económicas da pandemia, pero sinalou que a saída desta crise será máis doada que a de 2008. A receita, asegurou, é unha boa política económica.

"Esquecer os slogans, o dogmatismo, a demagoxia e o sectarismo. Con iso non se sae da crise", dixo Mariano Rajoy, quen criticou as "contrarreformas" do Goberno de Pedro Sánchez. Especialmente a das pensións, á que o expresidente popular lle vaticinou un fracaso que terá que corrixir Casado, dixo, cando chegue á Moncloa.

Noticias web

27/09/2021