CRTVG

Buscar

Rajoy considera letal que se cuestione a Constitución nun momento de crise coma este

Publicado o 09/10/2020 15:15

O presidente da Xunta acompañou a Mariano Rajoy nun relatorio en que o ex-presidente do Goberno de España analizou co politólogo Xosé Luís Barreiro o futuro da economá e da poítica de España. 

Mariano Rajoy mantén que desta crise non se pode saír sen a confianza da xente e a estabilidade política. E sobre este punto advirte: "E o que está ocorrendo agora en España, onde se está poñendo en dúbida a Constitución, as regras de xogo, o proceso de reconciliación que trouxo a Constitución, o xeito de Estado, o xefe de Estado, os axustes co pasado... iso é letal".

Canda medidas que cualifica de paliativas, como os ERTE ou a renda mínima, Rajoy é partidario de reformas estruturais... E advirte do incremento do gasto público: "Algúns poden pensar que barra libre e vou gastar o que proceda. Gastar demasiado vale para un ano ou para dous pero ao final xera déficit, xera débeda, xera desconfianza...", dixo o ex-presidente do Goberno.

Entre as súas receitas: traballar desde xa nun plan de saída do gasto publico e evitar os populismos. Tamén criticou que se queira tumbar a reforma laboral.

Noticias web

09/10/2020