Rafael Granados: "Todos tiñamos agora que cobrar o noso paro e para ingresos cero, cota cero"
Os autónomos son os principais beneficiarios do paquete de medidas que aprobou o Goberno este martes. Entre esas medidas está a moratoria de seis meses no pagamento das cotas á Seguridade Social.
Rafael Granados, presidente da Federación de autónomos de Galicia, fai unha avaliación das medidas aprobadas polo Consello de Ministros, e considéraas "non positivas".
"Está moi ben a moratoria, pero este mes de marzo a cota cobróusenos íntegra a todos os autónomos, mesmo aos que solicitaron a prestación por cesamento de actividade", di.
"O que están propoñendo é que nos endebedemos máis, temos os negocios cerrados, non hai ingresos, estamos nunha situación crítica e moitos dos autónomos vivien do seu negocio. E despois se non pagamos endebedámonos máis e os nosos ben que se poidan ver prexudicados?", pregúntase Rafael Granados.
"Nós o que queriamos era unha bonificación, que o mes de marzo e que o mes de abril non se pagase a cota, que todos poidamos acceder a prestación por cese de actividade independentemente da situación", reclama o presidente da Federación de Autónomos de Galicia.
"En primiro lugar, queremos que non se teña que demostrar unhas perdas do 75% porque sería a ruína. O que reclamamos é o danés un 30% de perdas", reclama Granados, "que xa é unha rebaixa bastante", engade.
"Outra das cousas que estamos formulando é que non teñamos a obrigatoriedade de manter seis meses o posto de traballo, porque non sabemos o que vai ocorrer, tamén que calquera que solicite a prestación por cesamento de actividade poida cobrala independentemente de se está cobrando outra prestación, como unha pensión de viuvez".
"Cando isto se levante e se reinicie a actividade volveremos mover a economía deste país", asegura Granados. Agora di que precisan "axudas económicas, sociais e os créditos". "Todos tiñamos agora que cobrar o noso paro e ingresos cero, cota cero. É o Goberno o que nos obriga a cerrar, e se non é o Goberno, é a situación".