CRTVG

Buscar

Rácing-Deportivo, hoxe ás 19:00, na tvG2

Publicado o 20/02/2021 14:11

Racing de Ferrol e Deportivo cítanse na Malata. Dous equipos que empezaban a temporada coma aspirantes chegan a esta xornada coa necesidade de gañar. É moito máis ca un partido. "É a verdade, un partido moi moi importante, por ser orixinal poderiamos dicir que é a Superbowl", define Rubén de la Barrera. Mentres, Cristóbal Parralo sinala: "É un partido que ten moita importancia, primeiro polo aspecto emocional que hai no feito de xogar un derbi e segundo pola importancia que teñen os puntos para a situación que temos os dous equipos"

E como agardan os adestradores o partido? O técnico do Deportivo cre que "o partido é para estarmos enchufadísimos dende o primeiro momento sabendo que é u equipo que nos vai vir buscar seguro".  No banco racinguista consideran que "o Deportivo, co equipos que ten, imaxino que tenta ser protagonistas en todos os escenarios e en todos os campos"

Quedan apenas 4 xornadas desta primeira fase da segunda B. Non hai marxe para o erro porque como explica Cristóbal: "Perder sempre te deixa tocado, pero agora coa marxe de manobra que hai moito máis". Para de la Barrera "cada xornada, cando un equipo deixe puntos no camiño, eses puntos non volverán e poden ser definitivos e polo que queda ten moita pinta diso, non?"

Xa o saben a Superbowl de Segunda B dispútase hoxe ás 7 na nosa segunda canle.

Noticias web

20/02/2021