Rácing de Ferrol vs Coruxo, domingo ás 17.00 na G2
Tamén Jacobo Trigo e Antón de Vicente se van medir ao seu ex equipo. Eles visitarán co Coruxo A Malata, a casa do seu técnico, o ferrolán Michel Alonso.Viaxan con necesidade pero algo máis lixeiros mentalmente...
Antón de Vicente "O mal que o pasamos nas primeiras xornadas"
Porque o primeiro gol e primeira vitoria do Coruxo chegou hai tan só unha semana, na sexta xornada.
Jacobo Trigo "Levábamos unha carga moi grande, despois de cinco partidos sen coñecer a vitoria, sen meter un gol. Así que temos a mochila aínda cargada porque temos só catro puntos pero con menos carga"
Antón de Vicente "Temos a necesidade de sacar puntos antes do Nadal, fai o partido máis emocionante, ademais o Racing vén de perder na Coruña así que temos que aproveitar a nosa inercia positiva por fin, para sacar algo bo de Ferrol"
Catro puntos separan os dous equipos, quinto e penúltimo clasificado.