CRTVG

Buscar

Quiroga celebra a súa feira do mel con menos apicultores ca outros anos

Publicado o 10/08/2020 14:07

Co avance da mañá, as rúas foronse a animando... moitos van directos a mercalo mel da temporada. 

Outros decantábanse polas marmeladas. Primeiro probaban, logo mercaban.

"Nós vivimos disto e é a unica feria que tivemos dende o confinamento, non tivemos máis", dinos Verónica, que ten un posto de marmeladas.

Hai menos apicultores ca outros anos. A colleita deste ano non foi boa e moitos produtores non chegaron a xuntar os 200 quilos de mel que acostuman pór á venda na feira.

"Este ano a colleita é pobre, e non poden vir os que teñen menos de 50 quilos", dinos Manuel. 

É un ano complicado, pero a feira mantén a súa identidade e tradición e segue a ser un referente local.

Noticias web

10/08/2020