CRTVG

Buscar

Quique González: "Hai que gozar do que facemos"

Publicado o 11/04/2019 18:11

Que Deportivo se opoñerá ao líder? Cales son as liñas mestras que artella o novo adestrador para a súa estrea?

Quique González: "Ter a liberdade e a alegría para xogar ao fútbol, disfrutar do que facemos. Cando un está feliz as cousas saen mellor. E, por suposto, moito traballo e moita intensidade".

O ariete, que marcou os últimos tres goles do Deportivo, anuncia un equipo valente no Sadar: "O que se ten que ver é un equipo que vai polo partido no Sadar. Campo espectacular, ambiente espectacular, o líder, e o Deportivo que só pensa en gañar".

Ambición que debe ir acompañada dunha mellora no xogo malia as baixas: segura a de Cartabia, probable a de Carlos Fernández, polo que o eficiente dúo Quique - Carlos terá que agardar a mellor ocasión.

Noticias web

11/04/2019