Quinto posto para Iago López na única proba do 49er masculino que se puido disputar
Publicado o 27/07/2021 11:21
Un tifón obrigou a adiar a segunda e terceira regatas

O galego Iago López Marra e o seu compañeiro Diego Botín acadaron un quinto posto no seu debut en Toquio na clase 49er masculina de vela. Comezaron ben na primeira regata, esa clasificación outorgáballes 5 puntos a falta de 11 regatas.
Porén, as dúas seguintes probas previstas para o día de hoxe foron adiadas por mor das circunstancias meteorolóxicas. Os tifóns e ciclóns están afectando á celebración dos xogos e xa obrigaron a pospoñer outras disciplinas como o tiro con arco.
En cabeza da clase marchan os irlandeses Dickson e Waddilove, seguidos polos británicos Fletcher e Bithell.
Veremos cando teñen lugar a segunda e terceira regatas.