Quinto día de busca de superviventes da rotura dun encoro no Brasil
Publicado o 29/01/2019 14:45
Os servizos de rescate brasileiros buscan, por quinto día consecutivo, superviventes da rotura do encoro no estado de Minas Gerais. No último reconto, o número de mortos causado pola vertedura de residuos minerais e lama aumentou a 65 e segue habendo 279 desaparecidos.
Os traballos de busca na poboación de Brumadinho avanzan con lentitude. De feito, desde o venres cando rescataron 192 persoas, non localizaron a ninguén máis con vida. Este martes detiveron 5 persoas relacionadas coa seguridade na mina.