CRTVG

Buscar

Quintela: "Temos un exame duro fisicamente: dous partidos en catro días"

Publicado o 21/09/2021 20:15

Logo dun comezo fantástico no Pazo dos Deportes o Breogán afronta dous partidos fóra da casa, o primeiro en Burgos, o xoves. Os locais perderon ante o Real Madrid na xornada inaugural. Os homes de Paco Olmos tentarán confirmar as excelentes sensacións e o bo nivel de xogo amosado ante o Tenerife. E o sábado chega outro prato forte, contra o Barça no Palau Blaugrana. Dous tests importantes para medir a forza deste Breogán que por agora lidera a ACB.

Noticias web

21/09/2021