CRTVG

Buscar

Quinta derrota consecutiva do COB que se achega á zona de perigo

Publicado o 08/03/2020 12:05

O COB encadeou diante de Cáceres a quinta derrota consecutiva (74-86), dinámica que precisa mudar de xeito inmediato se non quere ter problemas de meterse nos postos de perigo. Agora mesmo aventaxa en dous triunfos a Oviedo, terceiro pola cola. Contra Cáceres aguantou o primeiro cuarto (23-23) pero un parcial de 0-7 no comezo do segundo fixo que tivesen que ir a remolque o resto do partido. Co 34-46 chegouse ao descanso e a diferenza foise ata os 23 puntos no terceiro período (50-73). Contra o final o COB maqueou un pouco a desvantaxe pero amosou pasar por un mal momento. Urtasun e Sima con 17 puntos foron os máis atinados cara o aro contrario. 

Noticias web

08/03/2020