CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Quino imaxinou a Mafalda un 13 de marzo de 1962

Publicado o 15/03/2018 17:10
Este é o debuxante Quino. Un 15 de marzo de 1962 tivo unha idea: crear unha familia de clase media para unha campaña publicitaria.

A publicidade nunca se levou a cabo pero dous anos despois nace Mafalda.

É a filla dunha familia de clase media arxentina, de talante progresista.

O éxito foi planetario. Traduciuse a 30 idiomas.

As súas reflexións sobre o mundo e a sociedade sempre ían acompañadas dun terror: a sopa.

Ademais dos pais e do irmán, Guille, Mafalda tiña unha recua de amigos: Felipe, Miguel, Susanita e un fillo de emigrantes galegos, conservador e un pouco bruto, Manolito. En 1973 o mundo cambiara e Tino decidiu publicar a última tira, Mafalada dixo "Basta".

Zigzag Diario

15/03/2018