Quince restaurantes compiten para facerse co título da mellor tortilla de Betanzos
Publicado o 01/10/2021 21:08
Entre os 15 locais de hostalaría que participan nesta Semana da Tortilla está o restaurante Sinuessa que gañou o ano pasado, e tamén no 2017 e 2018, o título de mellor tortilla de Betanzos.
Belén cóntanos que nunha boa tortilla de Betanzos o ovo non se bate; mestúrase para que quede solta. A Semana da Tortilla atrae cada ano a numerosos visitantes que se achegan para degustar o produto estrela da gastronomía da vila.
Durante 10 días o público poderá probar as tortillas, votar e elixir as cinco finalistas. Un xurado profesional escollerá a mellor nunha cata a cegas.