CRTVG

Buscar

"Tómolle o pulso tres veces e non llo collo; tiña feridas bastante profundas na cabeza"

Publicado o 06/07/2021 14:44

Pese á discreción coa que a policía leva as investigacións para esclarecer o asasinato de Samuel Luiz na Coruña, a medida que pasan as horas vanse coñecendo novos detalles do ocorrido. Como os que achegaron dous amigos que foron os primeiros en socorrer a Samuel, ao que encontraon xa caído no chan.

Instantes antes, un deles case se cruza cos supostos agresores que abandonaban ás présas o lugar. "Eu conto doce, e eran todos latinos", asegura esta testemuña.

O seu compañeiro Marco encárgase de colocar a vítima en posición de seguridade e de darlle as primeiras atencións antes de que chegue a ambulancia. Esta mañá explicaba no lugar dos feitos que non lle daba collido o pulso e que as feridas que tiña na cabeza "eran basante profundas".

No lugar onde caeu malferido Samuel continúan amontoándose as flores, candeas e mensaxes de apoio á familia do mozo asasinado.Segundo confirmou a Delegación do Goberno, quince persoas prestaron declaración na comisaría coruñesa en relación con este crime.

Noticias web

06/07/2021